lunes, 23 de mayo de 2016

O MUSEO DE MASSÓ E O MONTE CHANS

MUSEO MASSÓ
O Museo Massó é un museo da Xunta de Galicia que  ten a súa sede no edificio máis antigo de fábrica de conservas "Massó  Hermanos", no que se levantara con anterioridade a súa primeira fábrica de salgadura, e máis tarde se destinara ao "Museo Marineiro". Nel convive o patrimonio marítimo e industrial co espírito erudito do colecciónesmo doutra época.
A súa peculiaridade  reside en que é froito das inquietudes culturais dos industriais  Gaspar, José Mª e Antonio Massó. O seu interese pola historia da navegación lles leva a crear unha colección de libros imprimidos entre os séculos XV e XIX, instrumentos náuticos, cartografía, documentos e maquetas de embarcacións históricas que constitúen a alma desta colección. En 1932 deciden transformala en Museo e instalalo no antigo edificio da  conserveira  familiar. Co tempo, os testemuños das factorías  conserveiras e baleeiras e a actividade pesqueira irán completando o perfil dun museo único e sorprendente que conserva o encanto da colección orixinaria.
A exposición permanente ofrece un percorrido pola conquista do mar e a explotación dos seus recursos. A sala dedicada á conquista do mar conserva a museografia  orixinal dos anos 30 do século XX, constituíndo en se mesma unha peza de museo.

As salas dedicadas á explotación dos recursos do mar céntranse na actividade industrial dos  Massó, a fábrica de conservas e a caza da balea, mostrando unha colección única en España. Finalmente, dentro desta mesma temática, pódese visitar a gran sala na que se expoñen as tres embarcacións tradicionais mais representativas da Ría de  Pontevedra, destacando o gran pecio  da última lancha xeiteira.



O MONTE CHANS
O monte Chans está situado na parroquia de Cela, que pertence  ao municipio de Bueu.
Este lugar ten unha área recreativa con mesas cubertas. Pero ademais podemos visitar o seu mirador, que pola súa altura, permítenos ter unha boa panorámica sobre a vila de Bueu e a ría de Pontevedra.
Desde este lugar podemos apreciar os diferentes elementos que forman a paisaxe, tanto  de costa:Baía, cabos, praias, illas, ría de Pontevedra...; como de montaña: Vales, Outeiros, chaira, ladeira, cima, etc.
Este sitio ademais convértese nun lugar ideal para lanzarse en parapente ata a praia, así como para facer rutas de senderismo ou de bicicleta.